mércores, 15 de marzo de 2023

VIAXANDO A MARTE.

Imaxe de Bruno Albino en Pixabay.com
No primeiro venres de marzo, na actividade "A Maxia dos venres", tivemos a sorte de asistir á representación de "Lúa quere viaxar a... Marte!" (baseado no conto de Zeltia Figueiras). Unha contacontos fantástica, chamada Sara, levounos da man de Lúa, a través dun camiño duro e de esforzo para chegar á realización dun soño: converterse en astronauta. Malia aos atrancos  e voces en contra Lúa loita polo que quere, facendo oídos xordos a aqueles que a cuestionan.
Foi unha actividade enmarcada xa no 8M, que nos ensinou que
 PODEMOS SER O QUE QUEIRAMOS SER!
Quedan unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos.
Ata fixemos unha foto coas protagonistas do conto: Lúa, a instrutora e Sara.
Montaxes realizadas con Pizap.com

2 comentarios:

  1. ¡PODEMOS SER LO QUE QUEREMOS SER! Me encanta la frase. Para lerte teño que ir ao google translate. Recomendo que o poña no seu blog. Moi boa mensaxe. Saúdos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias, Frases Bonitas.
      Pondré el traductor en la columna lateral.
      Un saludo.

      Eliminar