mércores, 9 de febreiro de 2022

CELEBRACIÓN DA PAZ 2022.

Imaxe de Gordon Johnson en Pixabay.com
A finais de xaneiro celebramos a semana da Paz, culminando a semana cunha actividade diferente no noso centro. Queredes saber como foi? Atentos/as!
Durante a semana, gozamos na biblioteca dun obradoiro de paraugas con superpoderes para cambiar o mundo e facelo mellor. Que de onde saiu a idea? Pois dos equipos de Biblioteca e DLG, que nos propuxeron traballar o conto "O ladrón de paraugas", escrito por Xosé Lueiro e ilustrado por Sara Valcárcel. Limos  este fermoso conto na clase, falamos sobre el e decidimos inventar o noso propio paraugas. Cando o tivemos claro, acudimos por quendas á biblio, e alí, puidemos deixar saír a nosa creatividade, debuxando creacións propias. Ollade o que saiu das nosas cabeciñas.
Montaxes realizadas con PiZap.com
Noutra entrada, falamos da celebración no propio día.

4 comentarios:

  1. Qué actividad tan estupenda, me ha encantado. Un besito con paraguas.

    ResponderEliminar
  2. Que fermosa iniciativa Anabel. Gzas en nome de Sara e no meu propio. Dilles aos cativos e cativas que nos achegaremos ao Centro a darlles as grazas en persoa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas a vós por tan bonito conto, que nos permite soñar no noso día a día nas aulas.Estariamos encantados/as de recibirvos no cole. Esperámosvos!!
      Un saudiño.

      Eliminar