sábado, 19 de xuño de 2021

ECOS DAS LETRAS.

Imaxe atopada en Freepik.com
Nestes días imos ir poñendo actividades realizadas no terceiro trimestre que quedaron pendentes de publicar.
Para pechar o realizado arredor das Letras Galegas contarvos que  durante o mes de maio elaboramos a nivel de cole e coa colaboración das familias , un dicionario propio con palabras en galego. Pero non con palabras calquera, senón con aquelas que nos gustaban ou nos significaban algo. Aí recollemos nobelo, namorar, néboa, tépedo ou donicela. Quedounos ben xeitoso!
Iso foi unha primeira parte e na segunda escribimos unha das palabras nunha cinta que amarramos nos barrotes das terrazas do cole. Para a elaboración desta proposta tomamos como modelo a obra da brasileira Rivane Neuenschwander, "Eu desejo o seu desejo"
Montaxe realizada pola profe Vane.
Tamén fixemos un mini libro de amestraCris sobre a vida e obra de Xela Arias. Así nos quedou!
Montaxe realizada con PiZap
Déixovos esta páxina sobre Xela Arias (a nosa homenaxeada destas Letras) que está ben interesante.

6 comentarios:

  1. ¡Qué interesantes todas estas actividades!
    Ya llegan las merecidas vacacones.
    Biquiños mil, Anabel

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias, Marisa.
      Deseándolas estamos. Los niños/as ya empezaron.
      Biquiños, guapa.

      Eliminar
  2. Si es que no da tiempo a todo, verdad? pero ahora llega el descanso. Feliz día y besos con muchas letras.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Lo del tiempo pasa siempre pero este año ha sido agotador.
      Besos de letras.

      Eliminar
  3. Actividades muy artísticas, seguro los peques las disfrutaron mucho.
    Saludos.

    ResponderEliminar