domingo, 11 de abril de 2021

DÍA MUNDIAL DO PÁRKINSON.

Imaxe atopada na páxina de pasoapaso.com
Ten o número 11 moito significado na miña vida , con algunhas datas da maior ledicia e outras un pouco máis complicadas. Estades acostumados/as a efemérides por un tubo ao longo de todo o ano; por que non esta?
Imaxe de Gobierno de México
Falamos dunha enfermidade asociada, durante moitos anos, a persoas maiores que afecta cada vez máis a persoas novas, neurodexenerativa, incapacitante e incurable. Pinta mal, non si? Pois existe e debemos normalizala. Normalizala nun sentido de acollemento aos enfermos, de apoio ás súas familias e de respecto cara outro ser humano. Con todo isto, unha manchea de cariño e moita investigación saimos adiante fixo.
Déixovos información da páxina Díainternacionalde.com.
Para rematar unha canción de Endernity, " I Dream That I Can Fly", que axuda á Federación Española de Párkinson.

FELIZ DÍA!!!

2 comentarios:

  1. ¡Grazas, Anabel! Visibilizar enfermidades coma o párkinson desde a escola é fundamental.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Na escola temos que falar da vida e as enfermidades forman parte dela.
      Grazas, Sabela polo teu interese.
      Un saúdo.

      Eliminar