Imaxe atopada na rede
Hoxe toca unha data das que me gustan a min: o Día Internacional do Bico. Ten a súa orixe nun concurso de San Valentín en Tailandia, onde se rexistrou o bico máis longo da historia (58 h, 35 min e 58 seg). Case nada!! O que se pretende con esta celebración é darlle relevancia a un feito que nos fai sentir mellor. Hai moitas clases de bicos: de namorados, de pais/nais a fillos/as, bicos dos avós, bicos de esquimó, de bolboreta... Podedes ver algúns nesta entrada de guíainfantil.com.
Déixovos tamén unha compilación de contos sobre o tema no blogue Literatura Respetuosa. Cales lestes xa?
Ei! Xa sei que estamos en pandemia pero cada un na súa casa....pode ir practicando!
Antes da despedida mencionar que onte, 12 de abril, celebrouse o Día Internacional das Persoas con Extremidades Diferentes. O que pretenden varias asociacións é instaurar esta data para visibilizar a aqueles que no seu nacemento lles falta parcial ou totalmente unha extremidade. Para máis información premede na imaxe.
Imaxe de Cristina Peinado
FELIZ DÍA!!!
Con El Covid vamos mal con los besos... espero termine pronto
ResponderEliminarIn besico
Sí, Blanca, yo también lo espero.
EliminarUn beso.
pues no me privo, fue ayer pero yo te mando 50.000 para ti solita.
ResponderEliminarMuchísimas gracias,guapa.
EliminarYo te mando uno solo pero muy, muuuuuuuy grandote.