Imaxe de @ESCOBEDITO_TEACHER
Como xa vos comentara, na semana pasada, fixemos algunhas actividades para celebrar o Día do Libro. A ver que vos parecen!!!
O día 21 visitounos o autor e ilustrador Anxo Fariña para impartirnos un obradoiro moi interesante sobre ilustración.Compartimos esta actividade cos nenos/as de 1º pero xa sabedes como...con moita distancia!!
Anxo ensinounos como facer caras e corpos a través de varios "truquiños". Non imos desvelar todo o aprendido pero si que vos mostramos como o fixemos.
Montaxe realizada con PiZap
Fixemos o día 23 uns marcapáxinas preciosos que nos cederon gratuitamente de @micoleinfantil. Cada un escolleu o que máis lle gustou. Aquí están algúns deles.
Por último, participamos na gravación dunha adaptación en verso da nosa historia máis universal "El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha". Participou todo o alumnado de primaria. Este foi o resultado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario