mércores, 31 de marzo de 2021

CORREO QUE VEN E VAI.

Imaxe de Manfred Richter en Pixabay.com
Hoxe cóntovos as últimas recepcións de correo que tivemos na nosa aula. Alá por xaneiro recibimos unha preciosa carta de contestación da profe Silvana. Nós escribirámoslle unha postal e ela, non só nos respondeu, senón que tamén nos mandou uns estupendos agasallos: un preguntas e respostas para mentes rápidas e uns lapises con gomas "máxicos".

O reto veu despois, cando a profe propuxo que cada un conseguiría o seu lapis despois de xuntar 10 puntiños. Coma sempre prima o traballo ben feito, aínda que estamos traballando en retos individuais. 
Pois non foi tan difícil! Xa o conseguiron tres aplicados estudantes! Ao resto; ánimo, estades a piques!
Montaxes realizadas con PiZap.com

2 comentarios: