mércores, 30 de decembro de 2020

PERELLA E O NADAL.

Imaxe de Myriam Fotos en Pixabay.com
 Co tema da fada Perella quedaramos en que lle contestara a Marcos. Desde ese día recibiu cartas de Sara e Pablo e cando respostou, tróuxonos unha sorpresa: un bonito calendario de advento!!! (Eu creo que se inspirou na páxina da nosa amiga Blanca, Actividades para Educación Infantil).
O que nos propuxo este ano foi diferente: os días de cole xogar cun "Abrementes" por turnos e os días de estar na casa, actividades relacionadas coa familia. Pasámolo moi ben nas "Horas de Ler" xogando a ver canto sabiamos.
Neste medio tempo ata as vacacións, Juanjo e Sara, deixáronlle debuxos e ela aínda nos tiña reservada outra sorpresa: a súa bolsiña de doces!!! Deixóunola con antelación para que cada un a tivese no seu casilleiro en corentena antes de levar á casa.
Montaxes realizadas con PiZap.
GRAZAS, FADA PERELLA E FELIZ NADAL!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario