luns, 28 de decembro de 2020

AULA VIRTUAL.

 
Montaxe realizado con PiXabay.com
Ola chicos/as; como van as vacacións? Pasou Papá Noel polas vosas casas? Seguro que o estades pasando moi ben. Alégrome!!! Como veñen uns días de moito frío e chuvia vouvos deixar unhas actividades na Aula Virtual para que repasedes e vos divirtades tamén. É un caderno especial de repaso de Nadal, onde poderedes atopar: sopas de letras, crebacabezas, acertixos... uns máis fáciles e outros con algo máis de dificultade. Podedes escoller o que queirades ou facelo todo. Espero que sexa do voso interese!!
Para acceder premede na imaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario