sábado, 5 de decembro de 2020

O NOSO MAGOSTO.

Imaxe de Marc Pascual en Pixabay.com

Xa sei que non pega nin con cola falar a estas alturas das castañas pero como ando a millón (como a maioría da xente) e non tiven a oportunidade de contarvos o ben que o pasamos no Magosto.... Cóntovolo agora!!!
Parece que fai unha eternidade cando lle dedicamos dous recreos a xogar coas castañas para celebrar un Magosto especial. Comezamos degustando na aula, este froito de outono que nos fixeron as cociñeiras no forno do comedor.
Saímos ao patio cargados/as de enerxía para xogar a tope. Levabamos as castañas que cada un trouxera da casa.
Tivemos varias opcións: "A castaña no pé", "Sementa e apaña", "Encesta a castaña"  e "Carreiras de castañas"( co froito na cabeza e no dorso da man).
Foron dous días estupendos!!!
Montaxes realizadas con PiZap.com

4 comentarios:

  1. Qué envidia da ver las castañas, este año no hemos podido celebrarlo con ellas por los tumultos y eso, es que ni organizados ha sido posible, así que... Y no te preocupes a falta de tiempo estamos todos, creo. Un abrazo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si siempre tenemos problemas con el tiempo, este curso está siendo matador.Bueno, con calma!
      Un besote, Blanca.

      Eliminar
  2. Respostas
    1. Ya sabes que somos mucho de fiesta,jejeje.
      Biquiños,Marisa.

      Eliminar