venres, 20 de marzo de 2020

OLA, PRIMAVERA!!!

Imaxe de Jill Wellington para Pixabay.com
Como quen non quere a cousa  chega a primavera pola porta e píllanos na casa, nun encerro que non nos entusiasma  pero que é necesario. Non poderemos saír inmediatamente a celebrala; todo se andará. No canto, na páxina da Sapos y Princesas aparecen algunhas manualidades relacionadas co tema.
Animádesvos?

Hoxe tamén é o Día Internacional da Felicidade, que foi decretado pola ONU no ano 2012. Déixovos información da páxina diainternacional.com e anímovos a festexalo con pequenos detalles que nos fagan felices a nós e aos que viven con nós.
Para esta fin de semana da ponte déixeivos na axenda un par de propostas voluntarias que poden estar chulas. Calquera cousiña que fagades enviádeme as fotos para publicar. Premede na palabra axenda para acceder. Gozade da fin de semana porque o luns voltaremos con máis forza se cabe!!!
Para rematar un exemplo das manualidades que lles fixestes aos vosos papás. Todas xeniais, chicos/as!!!
Montaxes realizadas con PiZap
Moitas grazas, María, Pablo, Gabriel e Jesús por compartir estes agasallos con nós!!!

2 comentarios:

  1. Feliz Primavera!!!! Aunque nos tengamos que conformar con las flores de nuestra terraza o balcón. Un beso inmenso. Y que pase pronto, por favor!!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Feliz primaver, Blanca!!! Deseando que todo acabe cuento antes.
      Besos.

      Eliminar