mércores, 18 de marzo de 2020

HOXE TOCA....CELEBRAR!!!

Imaxe de Annalise Batiste para Pixabay.com
Xa sei que estamos en corentena, nunha situación extraordinaria pero.... quen dixo que non podemos celebrar cousas?
Hoxe é o Día do Pai e pídovos que disfrutedes ao máximo dos vosos , do seu tempo, da súa presenza, dos seus consellos. A maioría terédelos na casa pero aqueles que os teñades vivindo noutro sitio poderedes chamalos e festexar na distancia que estades vivos. Outros non temos esa sorte: recordámolos diariamente, pensámolos na lonxanía e desexamos volver a velos. Por iso, hoxe aplaudiremos os papis que temos (ou que tivemos) e dirémoslles que nos sentimos afortunados por elo.
Espero que fixerades algunha manualidade das que vos recomendei e me mandedes a foto para colgala por aquí.
Hoxe non puxemos traballo pero si algunha idea chula para facer con papá. Queredes vela? Premede aquí e visitade a axenda no día correspondente (xoves:J).
Para que vexades como o están pasando algúns compis que nos manadron fotos, aquí vos deixo este PiZap: Gabriel, leu o conto "O censor de monstros" e fixo un debuxo, tamén fixo unha busca do tesouro no seu fogar; Pablo, decidiu achegarse ao regueiro, que de seguro que está pegado a súa casa.
Montaxe realizada con PiZap
Por certo, xa teño algunha foto dos agasallos pos papis pero xa as poñerei, non vaia estropear a sorpresa.

4 comentarios:

  1. Felicidades a todos los maestros que desde casa siguen a sus alumnos en estos momentos tan difíciles.
    Un beso

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias, Blanca. Suscribo la felicitación para mis compañer@s.
      Un besote.

      Eliminar
  2. Es una pena, ha quedado un día muy descafeinado, pero otro año será. Bss

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pues si, querida Blanca,pero todo pasa y todo llega.
      Para el año será mejor.
      Muchos besos.

      Eliminar