Imaxe obtida no blogue "Atendiendo necesidades"
Nos últimos días de setembro, as comunidades de persoas xordas organizan a semana internacional das persoas con diversidade funcional auditiva. Esta remata co Día Internacional das Persoas Xordas e pretende dar coñecer a súa realidade.
Para saber máis sobre a DFA (diversidade funcional auditiva ou discapacidade auditiva) premede sobre a imaxe do INTEF.
Tamén vos deixo un vídeo para que aprendades,de forma sinxela ,como se nomean algúns animais en Lingua de Signos (o idioma co que se comunican moitas persoas xordas).
Obtido no canal de Youtube de Guíainfantil.
Hoxe 30 de setembro é o Día do Trastorno Específico da Linguaxe (TEL).Este consiste nunha alteración dos mecanismos da adquisición da linguaxe desde os seus inicios, que se prolonga durante a infancia e a adolescencia, deixando secuelas na vida adulta.(Fonte:Asociación do Trastorno Específico da Linguaxe de Castilla la Mancha).
A continuación comparto dous vídeos que nos falan sobre o tema.