Este ano participamos no programa de Voz Natura "Siembra ideas, recoge futuro" co proxecto Eco horto, que consistía en facer un horto ecolóxico e crear puntos de reciclaxe no cole.
Dito así soa moi ben e tamén soa sinxelo pero... tivo o seu aquel!!!
Creamos puntos de reciclaxe en todas as aulas, nos patios e tamén no comedor do cole. A teoría sabémola bastante ben, na práctica; todo é mellorable.
Alá polo mes de abril tocou sementar e, xunto cos nenos/as de terceiro, enchemos de terra o bancal e.... pirixel para adiante. Menos mal que estaba o profe Javi para dirixirnos un pouco, que se non... Uns días máis tarde tocoulle á menta e tamén á lavanda.
Despois dedicámonos a coidalo e regalo por quendas cos compis da outra clase. Esta foi a súa evolución de semana en semana.
Paralelo ao seu coidado, na nosa aula, levamos a cabo un lapbook con moita información sobre o pirixel e as plantas en xeral: as súas partes, como medran,cales teñen flor e cales non... O resultado tédelo a continuación.
Queremos darlle as grazas de maneira especial á profe Vane, que foi a coordinadora do proxecto. Quedounos un lapbook tan chulo porque nos axudou un montón.
GRACIÑAS,PROFE!!!
Se queredes máis información sobre Voz Natura , visitsitade o seu blogue premendo na imaxe.
323 proyectos, ¡qué bien' Un bico Anabel
ResponderEliminarLa verdad, Marisa, es que es un programa muy seguido y con excelentes resultados.Para el curso continuamos, a ver que tal se nos da!!!
EliminarBiquiños.
Me parece genial! ojala todos hiciéramos lo mismo...
ResponderEliminarPues me quedo por aquí y ya te sigo jeje.
Un beso^
Muchas gracias, Arual Maddox, y bienvenida a tu casa.
EliminarNos leemos!!!
Un beso.
Un proxecto realmente enriquecedor para o alumnado! Propostas como estas fan que o alumnado se conciencie e sensibilice co medio ambiente e coa natureza. Felicidades a todo o equipo docente que o fixo posible!!
ResponderEliminarMoitas grazas, direillo aos meus compañeiros/as. O certo é que aos nenos lles encantan estas actividades relacionada coa natureza, se ademáis , conseguimos inculcarlle bos hábitos, mellor que mellor!!!
EliminarUn saúdo.