luns, 4 de maio de 2015

COMO A VIDA MESMA (XXII( (2014-2015) + PUNTOS.

Portada do libro sacada da rede.

Hoxe traiovos a Como a vida mesma unha historia chea de beleza e inxenuidade infantil (ou non tan inxenua). Da man de Rébecca Dautremer camiña "Enamorados", un relato tenro e conmovedor que nos achega  á definición do que é estar namorados. O audio aparece no blogue Soñando cuentos , que sempre nos ofrece unhas fantásticas recomendacións lectoras para todos os gustos.

Para que teñades máis información desta extraordinaria ilustradora, envíovos ao blogue Trazos de tinta, no que hai un post moi interesante sobre a autora. Premede sobre o enlace para acceder.
Xa sabedes que me gusta moito aproveitar a sección para agasallarvos con novos puntos. Que vos parece? Imos alá.
1º. Visitade o post dedicado á danza e ao jazz.
2º. Lede o manifesto de Israel Galván para a celebración dese día e extraede o nome de tres bailaríns ou bailarinas.
3º. Buscade as datas de nacemento e falecemento (se é o caso) deses personaxes e poñede algún dato biográfico que vos chame a atención.
4º. Escoitade, nesta mesma entrada, "Enamorados".
5º. Escribide a vosa propia definición sobre o que pensades que é estar namorado.
E xa está!!!
Tedes de prazo ata o día 11 de maio, luns. A que esperades? 
Veña, rapaces!!!
Imaxe obtida en Trazos de Tinta

10 comentarios:

  1. Unha estupenda entrada, Anabel. Seguro que os teus nenos aceptan o reto e acadan os puntos. Unha aperta e moi boa semana.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Ana. Espero que lles chame a atención e se animen a participar.
      Biquiños e boa semana para ti tamén.

      Eliminar
  2. Una buena manera de participar.
    Un besico.

    ResponderEliminar
  3. Sirvenos para estudiar e ademais pa divertirnos
    sheila

    ResponderEliminar
  4. Seguro que tus niños participan encantados en este reto.
    (Por cierto, a mí este libro me encanta)
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eso espero, Isabel,y tienes razón, el libro es precioso.
      Un beso fuerte.

      Eliminar
  5. Hola profe!!
    O luns.. perpárate para correxir polo menos uns puntos porque os vou levaarr!!

    ResponderEliminar