luns, 23 de marzo de 2015

COMO A VIDA MESMA(XVIII) (2014-2015)

Como xa vos dixen o sábado, o 21  de marzo, celébrase o Día Mundial da Síndrome de Down e voltamos ao tema dos días sinalados. Xa sabedes a miña opinión ao respecto pero tamén creo que se podemos visualizar determinadas cuestións, benvidas sexan as datas concretas!!!
Escollín este vídeo, que circulaba pola rede, porque creo que reflexa moi ben a relación entre nais e fillos  a secas, sen etiquetas, e , como moi ben di o slogan, a vida é outra cousa. 
O único que podemos facer con ela é vivila. Como? Iso xa é outro cantar!!!
Máis información aquí.

Tamén tivemos celebración onte,22 de marzo, o Día Mundial da Auga, este ano baixo o lema Sostibilidade. Escolleuse esta data, en 1993, para reflexionar sobre a función esencial da auga e para propiciar melloras para o seu aproveitamento.Se clicades sobre a imaxe poderedes aprender máis.
Imaxe obtida en Cartelitosface.

Xa vedes que hoxe a sección ven cargadiña. Son temas completamente diferentes pero quixen utilizar a actualidade para levarvos á reflexión. Creo que son asuntos ben interesantes e que lle podemos sacar partido, non credes?

(NOTA: para a semana que ven non teremos sección xa que estaremos de vacacións. A profe tamén o intentará).

10 comentarios:

  1. Hola profe Anabel¡¡¡
    Non sabía destas datas e ademái gustoume moito o vídeo e ensineillo a mina nai e tamén lle gustou.Tampouco sabía do Dia Mundial da Auga e investiguei un pouco e gustoume.
    Gracias por compartir estas datas con nós profe¡¡¡

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Ana:
      Para iso comparto as datas con vós; para que as coñezades, as investiguedes, as compartades en familia,as falemos en clase e así poidamos aprender xuntos uns dos outros.
      Grazasa ti por compartilo e comentar.

      Eliminar
  2. Denada profe non é tan dificil :) .

    ResponderEliminar
  3. É un video precioso, Anabel. Grazas por compartilo. Un bico.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. É moi tenro, Ana, e axuda a ver a vida doutra maneira.
      Biquiños.

      Eliminar
  4. Es un video muy tierno, y gracias por compartir la información del día mundial del agua.
    Saludos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. El vídeo es precioso.En cuanto a la información del día del agua creo que no fuí la única, jejeje.Tengo que pasarme por tu blog a ver esas entradas de música y arte tan interesantes.
      Biquiños.

      Eliminar