viernes, 16 de enero de 2015

HORA DE LER (II)

No trimestre pasado comezamos a traer libros para lerllos aos nosos compañeiros/as na "Hora de Ler".Cando lle tocou  o turno a Carlos, trouxo da súa casa un libro moi chulo chamado "¿Dónde está Boby?" de Ediciones B pero como era para buscar non o  puidemos ler. No canto, escolleu da biblio de aula "Adiviña canto te quero" de Sam McBradney. Ollade como no lo leu!!!
Ao día seguinte  decidimos dramatizar o conto. Os nosos actores foron Dani e Uxía e Ana foi a narradora.
Foi un momento agradable!!!


6 comentarios:

  1. o libro a min gustoumeeo teatro que fixeron tamén
    sheila

    ResponderEliminar
  2. Que ben , Sheila!!!Os teus compañeiros/as estiveron moi ben. Seguro que o teu libro nos gustará moito tamén.

    ResponderEliminar
  3. Que boa idea, Anabel! Eu tamén lles vou a pedir que traian un libro da casa. Unha aperta e moi boa semana.

    ResponderEliminar
  4. Resulta xenial, Ana. Encántalles porque eles escollen e lenllo aos compis. Un biquiño e boa semana para ti tamén.

    ResponderEliminar
  5. Anabel, en mi blog tienes un premio esperándote:
    http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/2015/01/premio-ao-mellor-blog-amigo.html
    Un beso.

    ResponderEliminar
  6. Moitísimas grazas, Ana, por pensar en min. É todo un honor recibilo de ti.Cando teña un oquiño pásome a recollelo. Moitos bicos agradecidos.

    ResponderEliminar