martes, 8 de xullo de 2014

AGASALLOS

Este final de curso foi moi especial porque rematamos o segundo ciclo de Primaria e o noso cuarto ano xuntos. Quen sabe o que pasará para o curso? Non o sei, solo podo falar do xa vivido, do que quedará para sempre no recordo e ninguén nos poderá arrebatar. No último día de clase  vivimos unha chea de emocións que nos souberon a pouco e recibimos agasallos por un tubo os uns dos outros. Ensínovolo aquí, nalgunha das instantáneas do día.
AGASALLOS PARA OS NENOS/AS.
Encantaríame saber se comestes as galletas, se vistes as fotos e  lestes os libros. Pero se non tendes tempo agora ; xa preguntarei en setembro.
 AGASALLOS PARA A PROFE.
Quedei  gratamente sorprendida e estarei eternamente agradecida por todos os obsequios cos que quixestes recoñecer a miña persoa.
 GRACIÑAS NENOS/AS, FAMILIAS E AMIGA-PROFE; NON MEREZO TANTO.


2 comentarios:

  1. Seguro que todos estabsdes encantados cos vosos agasallos. Agora toca descansar e disfrutar dunhas máis que merecidas vacacións .Eu xa empecei a desconectar ji ji Unha gran aperta.

    ResponderEliminar
  2. Quedamos todos encantados!!! Eu solo estou pendente de rematar e.....desconecting, jejeje!!!Moitos biquiños.

    ResponderEliminar