martes, 29 de abril de 2014

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

O 29 de abril celebramos o Día Internacional da Danza. Non  vou a darvos demasiadas pistas porque seguramente o aproveite para os puntos pero  de todas maneiras a danza, como calquera das artes, non é algo que se poida explicar con palabras; ten que ver cos sentimentos.
Quero deixarvos uns exemplos de distintos tipos de danza  que existen para que sexades vos mesmos os que xulguedes o que vos gusta e vos fai sentir. Contádemo, que me fai ilusión!!!!
DANZA CLÁSICA
Fragmento de "O lago dos cisnes" de P. I. Tchaikovsky
DANZAS URBANAS
Exemplos de bailes urbanos desde Chile.
DANZA CONTEMPORÁNEA
O Grupo Corpo de Brasil interpreta "Sem Mim"
Quero rematar esta selección coa coreografía gañadora  no festival  de Showdance de Riesa(Alemania) do 2013.Os flamantes campións do mundo quedan moi pretiño de nós,alá por Vigo, e pertencen á escola  de danza Media Punta. Entre os paticipantes atópase o meu curmán Pablo, que é coma vós (10 anos) e un día soñou que quería bailar. E soñando, soñando mirade a onde chegou!!!
Con isto quero dicirvos que os soños poden cumplirse se os perseguides con forza , constancia e traballo.
FELIZ DÍA DA DANZA E...A BAILAR!!!

4 comentarios:

  1. Qué bonita entrada! Encántame os videos! Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Ana. A danza é o que ten que luce moito. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. HOLA PROFE SON SOFIA A MIN A DANZA QUE MAIS ME GUSTOU FOI A CONTEMPORANEA

    ResponderEliminar
  4. Grazas por contarmo, Sofía. O certo é que esa danza é preciosa.

    ResponderEliminar