xoves, 24 de abril de 2014

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO.

Imaxe atopada na rede.

Onte celebramos no cole o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor. Nun acto sinxelo, reunímonos todos no salón e vimos un estupendo telexornal  elaborado polos nenos/as de 6º, cunha pequena colaboración publictiaria dos alumnos/as de 4º. Despois escoitamos a lectura do primeiro capítulo de "Platero y yo", realizada  conxuntamente por un neno de cada aula. Como o libro está de centenario ben merece unha homenaxe!!!
Estas actividades leváronas a cabo o Equipo de Biblioteca coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. 
Como decoración para o evento, fixeron unhas árbores literarias cuxos froitos (adiantándose ao verán )foron estupendos libros cos que encher de soños as  nosas vidas. Esas obras creáronas todos os nenos do cole.A árbore violeta é a de 1º ciclo; a laranxa , a de 2º ciclo; a de cor verde , de 3º  ciclo e a vermella , de Infantil.
Ollade que lindas quedaron!!!


Se queredes ver o telexornal premede na imaxe e iredes ao blogue da biblioteca.

2 comentarios:

  1. Que preciosa forma de celebralo, Anabel. O telexornal quedoulles fenomenal (se o saben na TVG os contratan fixísimo) e a idea das árbores encantoume. Co teu permiso gardareina para o próximo ano no que se as cousas non cambian estarei nun cole de primaria. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas,Ana. Ainda que a idea das árbores non foi miña , eu creo na universalidade das ideas e dos recursos.Se cambias para o ano de cole deséxoche a mellor das sortes e se non hai cambios, tamén che desexo o mellor. Que todo che saia como o prefiras ti.Moitos biquiños.

    ResponderEliminar