jueves, 13 de febrero de 2014

MÁIS PUNTOS!!!

Xa está aquí unha nova remesa de puntiños. Esta vez están sacados do libro de Lengua Castellana da Editorial Anaya e de datas sinaladas neste mes de febreiro. Imos alá:
1.Persoeiro: Mary Kingsley.
   -Nacionalidade, data de nacemento e de falecemento.
   -Título dalgún libro de viaxes escrito por ela.
   -Unha frase que resuma a súa opinión sobre os nativos.

2. Hoxe (13 de febreiro) é o Día Mundial da ................ (completar)
   -Esta conmemoración ten pouco tempo, cando se estableceu?
   -Por que se escolleu este día?
   -Que significa Unesco? De que organismo depende?

3. O 20 de febreiro é o Día Mundial da.......(completar)                                      
   -En que ano se proclamou este día pola Asemblea das Nacións Unidas?                    
   -Que significa o termo que se conmemora?
   -Como podemos promovela?
   -Pon dous exemplos prácticos do que acabas de explicar.

Xogamos por 5 puntos e a data de entrega será o venres 21 de febreiro.
Veña , que estades feitos uns expertos!!!

2 comentarios:

  1. Sen dúbida farán un estupendo traballo e acadarán case todos os cinco puntos :) Moi bo día da amizade!!!!!!! Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Iso espero , Ana. Moi feliz día para ti tamén. Bicos mil.

    ResponderEliminar