viernes, 8 de febrero de 2013

DOCE TARDE DE INVERNO.

Fora chove e vai frío;un frío que chama pola neve febreiriña pero que solo  se queda en chamada,unha choiva continua e por veces intensa, que nos recorda a sorte que temos de estar ao enxoito.Con este panorama unha boa opción é poñerse aos fogóns e facer......unhas saborosas filloas!
Como estamos na semana do Entroido e  nos invitaron os Picariños de 5 anos decidimos pasar parte da tarde en Infantil aprendendo a facer este postre.Primeiro, elaboramos a receita e copiámola; despois, fixemos o amoado,pasamos pola tixola e......saíron de rechupete!!!Temos que darlle as grazas aos Picariños e a súa profe Vane, pero sobre todo, a Marta,que foi a encargada da tixola e a que fixo posible que puidésemos degustar o traballo final.
Foi unha tarde inesquecible!!!


6 comentarios:

  1. Menos mal que o final compartiron as súas conmigo porque quedar non quedou unha.
    Espero ansiosa a seguinte festa gastronómica.

    Marta

    ResponderEliminar
  2. Pois mira que, o que parte e reparte leva a mellor parte, pero as veces os ditos....
    Nos tamén eperamos ansiosos o próximo que se tercie.

    ResponderEliminar
  3. Estuveron moi ricas ,eu tamen espero facer unha cousa tan rica coma a que fixemos en general unha cousa cos pequenos nunca estaria mal. Diana

    ResponderEliminar
  4. Diana,seguro que temos máis oportunidades de facer cousas xenias cos peques.

    ResponderEliminar
  5. Eu tamen espero facer mais lambonadas cos pequenos bicos de paula campos

    ResponderEliminar
  6. Pero mira que sodes lamboncetes.
    Tranquilos , haberá máis oportunidades.

    ResponderEliminar