Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta día librerías. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta día librerías. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

venres, 8 de novembro de 2019

DÍA DAS LIBRARÍAS.

Cartel  obtido na páxina  diadelaslibrerias.es
Desde fai nove anos celébrase o 8 de novembro o Día das Librerías, que pretende  fomentar a lectura  e promover as librerías como centros da cultura.
Qué marabillosos lugares para perderse  e sempre atopar algo interesante! Nunca entrei nunha librería que non vise algo que quixese ler. Cal é o seu feitizo? Visitémolas a miúdo para estar informados, para saber as últimas novidades e para ter contacto humano cos nosos libreiros e libreiras, que tanto nos axudan a escoller ben.
Na páxina de diainternacional.com hai información sobre o tema e na Revista Babar tamén.
Aquí vos deixo unha selección de varias das librerías máis bonitas do mundo. A ver que vos parecen!
Obtido no canal de Youtube de Zona Literatura
Recomédovos dúas estupendas librerías galegas: unha pretiño, Librería Faro na Estrada e outra , un pouco máis lonxe, Librería Soños de Papel en Lugo. Pasádevos a descubrilas!!!
Para rematar, este vídeo de felicitación para este día de Azeta Libros y Papelerías.
Obtido no canal de Youtube de  Azeta Libros y Papelerías.
FELIZ DÍA!!!

venres, 13 de novembro de 2020

DÍA DAS LIBRARÍAS E DA BONDADE 2020.

 
Cartel de Ximo Abadía
Se hai unha tenda que a min me gusta visitar esa é a libraría. Dame igual o día que sexa ou o día que teña, sempre me alegra o momento (iso tamén me pasa coas pastelerías!). Ás veces, ata é problemático porque todo o que vexo me gusta: os libros dos maiores, os libros dos pequenos, o álbum ilustrado.... Encántanme en xeral!!! 

venres, 11 de novembro de 2022

BIBLIOTECAS, LIBRARÍAS...

Cartel de Ana Jarén
Hoxe, Día de San Martiño, celébrase o Día das Librarías. Tedes información sobre o tema na páxina  de Cegal-Librerías de España. Premede na imaxe para acceder.