luns, 27 de novembro de 2017

FELIZ DÍA, COMPAÑEIROS/AS!!!

Imaxe de Azúcar y Sal.
En España, é hoxe, o 27 de novembro, cando se festexa o Día do Mestre/a. Para todos e todas
FELIZ DIA!!!
Obtido no canal de Youtube de Babyradio.

sábado, 25 de novembro de 2017

BASTA XA!

Atopada no blogue Las TIC en primaria.
Pasan os anos e seguimos reivindicando e lamentando que no  mundo exista violencia.Non debería ser tan difícil conseguir a súa erradicación, poñendo en práctica as palabras que aparecen dentro do corazón. Traballemos xuntos polo bo trato!!!
No blogue La mochila del Arco Iris hai unha entrada sobre o tema moi completa. A ver que vos parece!!
Unhas actividades, na nosa lingua, recollidas en Genially por Galiza.
En Por tu Igualdad podedes ver uns contos moi chulos sobre a igualdade.
No blogue Paxariña de papel tamén temos material para parar un tren.
Non esquezades visitar as entradas de anos anteriores aquí.
POLO BO TRATO!!!

mércores, 22 de novembro de 2017

CAIXÓN DESASTRE(II).

Montaxe realizado con Pizap.
Hoxe, no noso Caixón Desastre, queremos festexar o día de Sta Icía, patrona dos músicos, dos poetas e dos cegos. Para tal fin , compártovos esta simpática animación sobre un fragmento de "Peer Gynt" de Edvard Grieg. Trátase de "No salón do rei da montaña". Que o gocedes!!!

Obtido no canal de Youtube de DoodleChaos.
FELIZ DÍA DA  MÚSICA!!!

luns, 20 de novembro de 2017

DÍA DA INFANCIA.

Imaxe obtida en Pixabay.com.
A Organización das Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro de cada ano.Pretende a sensibilización cara o mundo da infancia con actividades para o seu  benestar e a protección dos seus dereitos. En cada país do mundo a conmemoración faise un día distinto.
Xa sabedes que non me gusta poñerme agonías pero algo debemos estar facendo mal, porque se a preocupación polos máis pequenos comeza despois de 1º Guerra Mundial; que facemos  hoxe en día falando do tema? Por que hai nenos e nenas en desamparo(con todo o que iso conleva)?
Deixo aí a pregunta, no aire, para que reflexionemos todos. Mentres tanto, podemos escoitar esta preciosa canción, interpretada por estupendos artistas, que forma parte da banda sonora de "A extraordinaria viaxe de Lucius Dumb"
Obtido no canal de Youtube de Happy Learning Español.
E para os máis peques  esta outra canción de Plim, Plim. A cantar todos/as!!!
Obtido no canal de Youtube de El Reino Infantil.
Ollade aquí as entradas de cursos pasados.
FELIZ DÍA!!!

sábado, 18 de novembro de 2017

RECURSOS DE OUTONO.

Imaxe obtida en Pixabay.com.
Aínda que pareza mentira xa levamos moitos días de outono e este curso non colguei ningún recurso relacionado. Non pode ser!!
Deixareivos un par de ideas e un enlace aos materiais de anos anteriores para que poidades facer "cousiñas chulas" desta estación. Espero que vos sexan de utilidade.
Tanto en  Pequeocio como  en Creciendo con libros y juegos nos ofrecen unhas manualidades xenias sobre este tempo de outono.
Clicade na imaxe se queredes ver os recursos de cursos anteriores.