xoves, 2 de novembro de 2017

CELEBRACIÓN POR TODO O ALTO.

Ilustración de Mary GrandPré.
Hoxe toca contarvos como celebramos o Día das bibliotecas no cole.A idea xurdiu do equipo de Biblioteca , que propuxo unha lectura por parte dos alumnos/as de 5º e 6º aos máis pequechos. Fixéronse parellas de lectores e grupos mixtos de "escoitadores" entre os cursos  de Infantil e 1º por un lado e os de 2º, 3º e 4º polo outro.
En distintas ubicacións do centro(aulas, biblioteca, salón de actos. ximnasio, escaleiras...) colocáronse os 10 grupos resultantes e alí escoitamos os relatos.
Pasámolo moi ben e despois , puidemos colorear esceas dos contos que nos tocou escoitar. As ilustracións fíxoas a profe Susana e a profe Mª José tamén fixo algunha aportación. Mirade que ben nos quedaron!!!
Montaxes realizadas con PiZap.
GRAZAS AS NOSAS LECTORAS!!!

martes, 31 de outubro de 2017

FELIZ SAMAÍN!!!

Hoxe foi un día de moita celebración no cole que xa vos contarei polo miúdo. Para que festexedes o Samaín por todo o alto déixovos varias cousiñas:

-Todo un clásico da Editorial OQO, "Corre, corre, cabaciña".

Obtida no canal de Youtube de OQO Filmes(galego)
-Unha canción de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Obtido no canal de Youtube de Uxía Lambona e a Banda Molona.
-E rematamos coa curta "The skeleton Dance" de Disney, que hoxe vos gustou tanto.
Obtido no canal de Youtube de miesuelaimaginaria.
FELIZ SAMAÍN A TODOS/AS!!!!

domingo, 29 de outubro de 2017

RECURSOS DE SAMAÍN.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Chega o tempo das meigas e dos fantasmas e con eles veñen os recursos do Samaín. A ver se vos gustan!!!
- No blogue Paxariña de papel aparece un Symbaloo cargadiño de actividades (moitas en galego)
-A revista mensual de Loqueleo de Santillana ven integramente dedicada a Halloween.
- Maite Gan, en Lluvia de ideas, ofrécenos  desde películas hasta contos pasando por decoracións e actividades múltiples. (Póñovos o enlace ás pelis pero tamén o do blogue para que o vexades todo).
-No blogue Ser maestra, aparece unha recopilación de  libros moi interesante.
-No CEIP Pío XII están moi machosos e xuntaron unhas cancionciñas moi xeitosas do Samaín (en galego)
-Aquí os recursos de anos anteriores.

xoves, 26 de outubro de 2017

GALICIA, QUE GRANDE ES.

Imaxe atopada na rede.
Non fai falla que escriba nada para demostrar o orgullosa que me sinto da miña Terra e das súas xentes, do meu idioma , da cultura e as tradicións que me arrolaron e do todo aquilo que significa ser galega. Non fai falla, digo, porque o manifesto na miña vida diaria. Hai uns días encolleusenos a todos/as o corazón co desastre de chamas que envolveu os nosos montes. Nin estou cega , nin quero pasar de puntiñas pero traballo con nenos/as e pretendo que se queden co positivo das historias: coa solidariedade e coa prevención para evitar os lumes. Por iso digo  que sinto orgullo das persoas que axudaron(e seguen axudando) aos demais,dos que son solidarios e empatizan coa dor allea.
Despois dunha charla sobre o tema, os meus rapaces fixeron uns debuxos  expresando o que sentían. Como podedes ver hai algo de todo.
Montaxes realizadas con Pizap.
Espero que o futuro se vislumbre claro e con cheiro a mar limpo, próspero de terra anovada de verde e con ánimos rexurdidos  para loitar por un mundo mellor. Para que non volva a suceder!!!!
Imaxe atopada na rede.

martes, 24 de outubro de 2017

DOBRE CELEBRACIÓN.

Cartel conmemorativo das Bibliotecas Escolares do 2017.
O 24 de outubro é unha data de dobre conmemoración. Por unha banda temos o Día da Biblioteca e, pola outra, o Día das Nacións Unidas. No cole celebramos, moi especialmente, a primeira cunha actividade que vos contaremos nunha nova entrada. Se premedes na imaxe do cartel teredes información sobre o tema.
Imaxe atopada na rede.
Tamén hoxe é o aniversario (72 anos) das Nacións Unidas. Festéxase  a entrada en vigor en 1945 da Carta das Nacións Unidas, o tratado internacional que deu orixe á organización. Para máis información facede clic na imaxe .
Se queredes ver entradas doutros anos, clicade  aquí ( N.U.- B.E.)
Para rematar, unha canción titulada "Todos somos diferentes", como os integrantes das Nacións Unidas.
Obtido no canal de Youtube Kidloom.