domingo, 8 de outubro de 2017

UNHA DE LITERATURA.

Portada do libro gañador.
Fai uns días concedeúselle o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 a Antonio García Teijeiro, pola súa obra "Poemar o mar".  O Ministerio de Educación, Cultura y Deporte distingue unha obra dun autor español,escrita nunha das linguas oficiais do Estado e , neste caso, editada no ano 2016. Este ano recaeu neste escritor vigués e se queredes coñecelo mellor, na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes aparece a súa biografía.
Aquí tedes a reseña que aperece do seu libro, ilustrado por Xan López Domínguez, en Boolino:
“Poemar o mar” é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con “En la cuna del mar” e “Palabras do mar”. Nestas tres obras o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra. Mares con ondas amarelas, con illas coma estrelas, mares de plumas que son de auga e mel, mares de tinta verde con barquiños de papel.
O tamén escritor e xornalista Xosé Antonio Neira Cruz fíxose co XI Premio de Narrativa Breve Repsol coa obra "O sono das sereas" e o Nobel de Literatura recae este ano en Kazuo Ishiguro.
Montaxe realizada con Pizap.

PARABÉNS AOS TRES PREMIADOS!!!!

xoves, 5 de outubro de 2017

O NOSO DÍA.

Cartel do día.
O  5 de outubro é o noso día, o Día Mundial dos Docentes. Deixovos información sobre o tema na páxina da UNESCO.
E para celebralo esta marabillosa curta "Custodios de la llama" dedicada a todos os mestres de vocación.

Obtido no canal de Youtube de Aram R/A.
As entradas de anos anteriores atoparédelas aquí.

Se hai algo que teño claro na vida é que debemos ser agradecidos e, como eu, tiven a sorte de ter estupendos mestres ao meu redor, preocupados , entregados e de vocación....
A todos e a todas
GRAZAS, MESTRES!!!!
Imaxe obtida en Pixabay.com

domingo, 1 de outubro de 2017

PARA OS AVÓS.

Imaxe atopada na rede.
Vaia como homenaxe a todas as persoas de idade que hoxe celebran o seu día (sexan ou non avós).
Premede aquí para ver as entradas anteriores.
Obtido no canal de Youtube de Florio Jorge Octavio.

sábado, 30 de setembro de 2017

DFA E TEL.

Imaxe obtida no blogue "Atendiendo necesidades"
Nos últimos días de setembro, as comunidades de persoas xordas  organizan a semana internacional das persoas con diversidade funcional auditiva. Esta remata co Día Internacional das Persoas Xordas e pretende dar coñecer a súa realidade.
Para saber máis sobre a DFA  (diversidade funcional auditiva ou discapacidade auditiva) premede sobre a imaxe do INTEF.
Tamén vos deixo un vídeo para que aprendades,de forma sinxela ,como se nomean algúns animais en Lingua de Signos (o idioma co que se comunican moitas persoas xordas).
Obtido no canal de Youtube de Guíainfantil.
Hoxe 30 de setembro é o Día do Trastorno Específico da Linguaxe (TEL).Este consiste nunha alteración dos mecanismos da adquisición da linguaxe desde os seus inicios, que se prolonga durante a infancia e a adolescencia, deixando secuelas na vida adulta.(Fonte:Asociación do Trastorno Específico da Linguaxe de Castilla la Mancha).
A continuación comparto dous vídeos que nos falan sobre o tema.
Obtido  no Facebook  de Innova Educación Integral.
Obtido no canal de Youtube 30S Haciendo visible lo invisible.
Vivimos tempos convulsos  e realidades complicadas, non lle deamos as costas ao que realmente importa.

xoves, 28 de setembro de 2017

PRIMEIROS TRABALLOS.

Imaxe obtida en Pixabay.com
 Xa vos ensinei como comezaramos o curso. Hoxe amosareivos que sentimentos afloraron ese  primeiro día de escola.

Tamén no comezo debuxamos ás nosas familias. Mirade que guapiños son todos/as!!!