Imaxe atopada na rede.
Como estamos estudando o sistema solar, decidín pedir un pequeno traballo de investigación sobre os planetas, o Sol e a Lúa e , posteriormente, expoñelo na clase aos compañeiros/as. Para comezar, fixemos un sorteo para ver sobre que nos tocaba falar.
Durante as vacacións buscamos a información e tamén libros para facer na aula unha exposición temática. Agora , teremos que plasmala nunha cartolina negra A4 para despois expoñela aos demais.
A profe tocoulle a Lúa, que foi a que quedou sen escoller, e isto foi o que fixo. (Trátase de dar un modelo sinxelo para que sexa máis fácil realizar o traballo). Sede benévolos!!!
Montaxes realizadas con PiZap.











