luns, 20 de marzo de 2017

RECURSOS PRIMAVERA 2017.

Imaxe atopada en Pixabay.

Xa chega a caloriña polas tardes de marzo, a brisa suave do mediodía,as flores agromando nas árbores, os paxariños que pían ventureiros. Sí, chegou a primavera. E con ela,un montón de celebracións neste mes de marzal. Por iso, imos  aló coa nosa recopilación primaveral.
- Na páxina de Orientación Andújar sempre hai  recursos para todas as ocasións.
-Na páxina de Tiching tamén podemos atopar cousas interesantes.
- Atopei este Pinterest de María Luisa López González que está cargadiño de estupendas ideas.
- Non esquecemos os recursos do ano anterior.
Para comezar coas celebracións, o día 21 de marzo,viviremos intensamente o Día da Poesía,
Imaxe atopada na rede.
xogaremos alegremente no Día da Árbore (Día Forestal Mundial) e
Imaxe atopada na rede.
visibilizaremos a igualdade no Día Mundial da Sídrome de Down.(Preme nas imaxes para ter máis información).
Imaxe atopada en Educación 2.0
FELIZ PRIMAVERA!!!!

domingo, 19 de marzo de 2017

DÍA DO PAI.

ImageChef Word Mosaic - ImageChef.com
Hoxe é un día especial. Non creo que haxa que mercar nada, nin facer  cousas extraordinarias pero si recoñecer a labor dun pai que nos criou como mellor soubo, que nos ensinou todo o que sabía e que se preocupou por nós procurando darnos o mellor. Se tivestes  isto nas vosas vidas ou aínda o podedes gozar, agradecédeo profundamente. Sodes afortunados/as, non todo o mundo pode dicir o mesmo. Eu, pola parte que me toca, quero dicir, hoxe e sempre
GRAZAS, PAPÁ!!!
A publicidade ás veces é enganosa, pero outras envía mensaxes interesantes ou tenras. A ver que vos parece este anuncio.
Obtido no canal de Youtube Masvidaeu.
Enlázovos ao blogue Soñando Cuentos para que leades a estupenda recomendación que nos fan sobre o libro "Un papá a la medida" de Davide Cali e Anna Laura Cantone. Sónanvos? Claro que si!!! Son os autores de "¿Qué es el amor?" que xa lemos o mes pasado.
FELIZ DÍA A TODOS OS PAPIS!!!

xoves, 16 de marzo de 2017

CAIXÓN DESASTRE (V)

Montaxe realizada con PiZap.
Hoxe, o noso Caixón Desastre  ofrécenos unha estupenda curta de Pixar. A súa estrea produciuse en xuño do 2016 baixo a dirección de Nicolas Alan Barillaro. Acompañaba á estrea en cines de "Buscando a Dory" e preséntase como un pequeno petisco animado que merece a pena ver.
"Piper", así se chama a historia, é un pequeno correlimos tridáctilo que ten que superar medos para conseguir o que quere.
A ver que vos parece a historia!!!

Obtido no canal de Youtube de Tamapa Ko3yoehko

domingo, 12 de marzo de 2017

XOGOS DE CIENCIAS (II).

Montaxe realizada con PiZap sobre imaxe de Pixabay.

Volvemos cos xogos de Ciencias para que repasedes e o disfrutedes aprendendo. Imos aló!!!

Ciencias  da Natureza.
- No blogue , Recursos Educativos de Primaria, hai unha compilación moi extensa sobre animaliños.
- No blogue, Primero de Carlos, atopamos moitas  actividades de ANAYA sobre animais.

Ciencias Sociais..
- No mesmo lugar, podemos repasar cousiñas sobre a auga.
- Na páxina de Vedoque tamén temos xogos do aire e da auga.
- En Actiludis fálannos do ciclo da auga.

sábado, 11 de marzo de 2017

O QUE QUEDA DE ENTROIDO.

Imaxe atopada na rede.
Xa sei que o Entroido vai escapado pero como tivemos a algún de baixa non houbo opción de presentar as crónicas. Agora sí, co equipo completo... Mirade que ben  o pasamos!!!