Amosando publicacións coa etiqueta Día escritoras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día escritoras. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de outubro de 2020

ELAS TEÑEN A PALABRA.

Imaxe atopada na rede
O luns seguinte ao 15 de outubro (data da festividade de santa Teresa de Xesús) conmemoramos o Día das Escritoras.

luns, 14 de outubro de 2019

CHICAS E LETRAS.

Imaxe de LOQUELEO- Santillana
Cada luns máis próximo ao 15 de outubro ( data de nacemento de Santa teresa de Xesús), celebramos en España o Día das Escritoras. Este é o cuarto ano no que se persegue facer visibles ás mulleres na literatura e combater a discriminación que sufriron ao longo da historia.
Na páxina  deste día atoparedes as actividades de hoxe e se premedes sobre a imaxe superior da entrada, teredes unha sorpresa.
Dentro da selección de textos de autoras españolas e hispanoamericanas, que se len na Biblioteca Nacional de España por parte de persoeiros de distintos ámbitos da sociedade española,aparecen tres autoras galegas: Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán e Maruxa Orxales. Quédavos o texto que se lerá dela.
Como noticia relevante relacionada con esta data direivos que o pasado 10 de outubro se concederon os premios Nobel de Literatura dos anos 2018 e 2019. Olga Tokarczuk e Peter Handke foron os galardoados respectivamente. A polaca Olga Tokarczuk é a 15ª muller en recibir o premio, dentro dos 116 recoñecidos co galardón ao longo da súa historia. Aínda falta moito camiño cara a igualdade! Paso a paso!
Olga Tokarczuk e Peter Handke por Niklas Elmehed
Visitade as entradas de anos anteriores, clicando aquí.
FELIZ DÍA!!!

luns, 15 de outubro de 2018

ESCRITORAS.

Escritoras caricaturizadas por Fernando Vicente.
Celebramos , neste comezo de semana, a terceira edición do Día das Escritoras. A data escollida é o luns máis próximo á festividade de Teresa de Xesús (o 15 de outubro). Hoxe, casualmente, coincide. Xa vos expliquei noutra entrada de onde parte a iniciativa  e que persegue. Para recordalo, premede aquí. Nesta ocasión seleccionáronse textos de máis de vinte escritoras, entre as que se atopan dúas galegas relevantes: Rosalía de Castro e Filomena Dato Muruais.
Déixovos información sobre o tema e os actos que se celebran na páxina da Biblioteca Nacional de España.
Podedes visitar o blogue da nosa amiga, Marisa Alonso Santamaría, magnífica escritora que conta cun extenso repertorio poético (do cal xa coñecedes algo).
E para rematar, unha cita da escritora británica, Virginia Woolf, que  todos/as podemos aplicar ás nosas vidas.
FELIZ DÍA!!!