Amosando publicacións coa etiqueta Día cancro infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día cancro infantil. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de febreiro de 2021

LOITANDO!!!

Imaxe atopada en Cuidado seguro en casa
Hoxe é o Día Internacional do Cancro Infantil. Da igual como lle chamemos ao día,non por iso deixa de ser menos duro.

sábado, 15 de febreiro de 2020

DÍA DO CANCRO INFANTIL 2020.

Imaxe atopada na rede
Hoxe, 15 de febreiro, tócanos de falar do cancro infantil. Non é unha data bonita de festexar pero é unha dura realidade da que hai que ser conscientes. De todas maneiras, non temos por que centrarnos no negativo. Hai cousas que son inevitables (como a enfermidade) e outras que están para axudar a superala, como os avances médicos, a investigación e o apoio e cariño co que debemos rodear aos que  sofren.

venres, 15 de febreiro de 2019

NA LOITA.

Imaxe atopada na páxina da Fundación POHEMA.
O mes de febreiro é un mes especialmente sensibilizado cunha das enfermidades máis extendidas da nosa época . O día 4 é o Día Mundial contra o Cancro e o 15, o Día Mundial do Cancro Infantil. Como é un mal que existe e nos rodea, debemos ser conscientes del. Se nos toca de cerca, para loitar e combater, e,  se non nos toca, para agradecer e axudar. Pero non hai que ser derrotista, hai que aprender a enfrontar.Por iso vos comparto esta marabillosa curta sobre o Hospital Barretos do Brasil, que nos deixa unha fermosa mensaxe: O AMOR É MAIOR QUE O MEDO.

Obtido no canal de Youtube  do Hospital de Amor
SEMPRE LOITANDO!!!