Amosando publicacións coa etiqueta Día aforro enerxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día aforro enerxía. Amosar todas as publicacións

xoves, 22 de outubro de 2020

CELEBRAMOS A PARES!

Imaxe obtida na rede
Desde o ano 1998, o 22 de outubro, designouse como o Día Internacional da Concienciación da Tartamudez.

martes, 22 de outubro de 2019

OUTRA TANDA DE DÚAS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Hoxe quero falarvos de dúas celebracións que nada teñen que ver a unha coa outra pero teño que aunar esforzos porque senón... Non dou a basto!
O 22 de outubro é o Día Internacional para a Concienciación da Tartamudez desde o ano 1998. Considerada un trastorno comunicacional é so unha dificultade  na fala. Porque os disfémicos falan, un pouco máis tarde, repetindo as sílabas... pero falan. Por iso, con esta celebración preténdese eliminar a discriminación e promover oportunidades para quen  padece o trastorno.
De todos os xeitos; quen non ten dificultades nalgún ámbito da súa vida? Eu son a primeira que si as teño e estou no mundo. Aprendamos a vivir coas dificultades, tentando superalas e nunca apartando a quen lle custa.
Aquí vos deixo información sobre o tema da páxina diainternacionalde.com.
Premede aquí para ver a entrada do ano anterior.
Imaxe atopada en Pixabay.com
Onte, 21 de outubro, foi o Día Mundial do Aforro de Enerxía, tema de vital importancia para o coidado do noso Planeta. Se todos/as facemos pequenos xestos podemos conseguir un gran beneficio para mellorar a nosa casa.
Hai información interesante na páxina diainternacional.com.
Atopei, na páxina de Factorenergía, uns xogos para facer na casa e concienciar aos máis peques da importancia da boa utilización dos recursos naturais.
Para rematar uns consellos para aforrar enerxía que os podemos aplicar a todos os ámbitos da nosa vida.
FELIZ DÍA!!!