Cartel do Día das Artes Galegas 2024
Dende o ano 2015, o 1 de abril, conmemoramos o Día das Artes Galegas. A data foi instituída pola Real Academia Galega de Belas Artes porque é a que aparece nos dinteles do Pórtico da Gloria. Pretende promover e exaltar a creación galega. Este 2024 o autor escollido é o cambadés, Francisco Asorey.

