luns, 16 de setembro de 2024

PRIMEIRO DÍA.

Imaxe da aula de segundo
Todo estaba preparado para recibir aos 15 perelliños que este curso van habitar a aula de segundo. Chegamos á clase cheos de nervios, coas mochilas cargadas de libros, materiais e ilusión. E que nos atopamos? Un bote moi chusquiño que nos convidaba a abrilo. Alí aparecían unha morea de pistas para saber o lugar onde sentarnos e comezar a sentirnos un pouco cómodos/as nese espazo.A organización foi rápida: lectura dunha pista cada un e ir facendo o que se averiguaba. Ao pouco tempo xa estabamos todos/as en disposición de contar o verán, ordenar o material e o que fixese falla. Ollade como foi a cousa.

Montaxe realizada con Pizap.com
Xa vedes o arduo traballo que estivemos a realizar pola mañá: buxainas e tangrams.
Montaxe realizada con Canva.com
Tamén houbo un pequeno agasallo para empezar con bo pe. Este curso volvín a recurrir ao blogue de amestraCris porque sempre ten ideas moi molonas. Pasádevos por alí para comprobalo!
FOI UN GRAN DÍA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario