sábado, 8 de xuño de 2024

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN (2ª ED).

 Imaxe de Betidras en Pixabay.com
Durante todo mes de abril estivemos recibindo a visita das familias ás aulas para escoitar fermosas lecturas que fixeron as nosas delicias.
Na nosa clase tivemos a sorte de contar con integrantes de case todas as nosas familias e pasamos as mellores "Horas de ler" de todo o curso. Algunhas das lecturas foron as seguintes:
Montaxes realizadas con Canva.com
Aínda que tamén tivemos agradables sorpresas como un conto inventado e ilustrado pola mamá de David, a historia que nos contou o papá de Lía ( a el contáballa o seu pai) e unha visita  a través dun vídeo. Pero iso verémolo na seguinte entrada!

Ningún comentario:

Publicar un comentario