venres, 11 de novembro de 2022

BIBLIOTECAS, LIBRARÍAS...

Cartel de Ana Jarén
Hoxe, Día de San Martiño, celébrase o Día das Librarías. Tedes información sobre o tema na páxina  de Cegal-Librerías de España. Premede na imaxe para acceder.
Aproveitando este día relacionado cos libros, falareivos tamén da celebración que fixemos no cole o Día das Bibliotecas.Visitounos esa xornada Esteban, integrante do grupo de Contacontos e Títeres Tarabelo, para agasallarnos coa historia  "O traxe novo do rei". O certo é que o gozamos moito e aínda rimos un  pouco. Queredes velo? Velaí o tedes!
Montaxe realizada con Pizap.com
Para saber máis sobre Tarabelos premede na imaxe.

FELIZ DÍA!

2 comentarios: