martes, 29 de marzo de 2022

ECOS DO 8 M.

Imaxe de HANSUAN FABREGAS  en Pixabay.com
Este ano, para o 8 de marzo , traballamos cun fantástico material creado por amestraCris. No seu blogue poderedes atopar uns materiais estupendos e gratuítos  en galego. Moitas grazas polo marabilloso traballo que fas!
A base  que utilizamos foi o despregable creado por Cristina, aínda que xa sabedes o meu afán de "tunealo" todo. Pois nesta ocasión tamén houbo cambios. Déixovos o despregable orixinal aquí.
Básicamente o que fixemos despois de falar do tema e ver vídeos sobre mulleres inspiradoras  foi escoller a muller que nos inspiraba a nós. Na primeira folla escribiron a quen escolleran e o por que e despois redactaron unha biografía utilizando os datos recollidos nunha ficha previa.
Así traballamos e así nos quedou!!!
Montaxe realizada con Pizap.com
(Se premedes en >>, na parte inferior esquerda, e escolledes modo presentación poderedes velo máis grande).

3 comentarios: