domingo, 16 de xaneiro de 2022

UNS MOZOS DE LIVERPOOL.

Imaxe obtida  en Radio Mágica
Pensarían algunha vez estes mozos de Liverpool que sesenta anos despois de iniciar a súa andaina, a súa música se escoitaría en todo o planeta? Dez anos de actividade, carreiras en solitario, dous membros no máis alá e milleiros de persoas en todo o mundo aínda tarareamos as súas cancións. Que marabilloso poder ten a música de facer inmortais aos xenios!!!
Como agradecemento ao seu legado musical escolleuse o 16 de xaneiro para celebrar o seu día internacional, nesta data inaugurouse o Cavern Club, bar de Liverpool onde debutaron. Outros prefiren como data de celebración o 10 de xullo, que foi cando a banda regresou triunfante á súa cidade natal despois dunha exitosa xira polos Estados Unidos.
Aquí vos deixo unha biografía do grupo que aparece en educapeques.
En Radio Oasis aparece un artigo interesante sobre como introducir a música deste grupo aos máis pequenos/as.
Pero vós, meus perellos/as de 3º, xa non sodes tan pequenos/as; polo que vos deixo unha selección de 20 éxitos de ouro para que poidades escoitar.
Obtido no canal de Youtube de Melina Molteni
Por último e como curiosidade,compártovos un capítulo de "The Beatles Cartoon". Unha serie de debuxos que os tiña como protagonistas e que estaba baseada nas súas cancións.
Obtido no canal de Youtube de El Submarino Amarillo
FELIZ DÍA!!!

4 comentarios:

  1. ¡Me encantó tu entrada Anabel! Soy fans de los Beatles.
    Un abrazo grande.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. ¡Me alegro mucho, Sandra! A mi también me gustan.
      Un abrazo infinito.

      Eliminar
  2. Pues te agradezco la información, no tenía ni idea. Me acordaré del día, es el cumple de mi perro, jijijijiji. Un besazo

    ResponderEliminar