xoves, 9 de decembro de 2021

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA.

Imaxe atopada en Bibliotecas escolares de Galicia.
Imos contar algunha das actividades que fixemos o mes pasado. Comezamos pola celebración do mes da Ciencia en galego na biblioteca. Un dos días que nos tocaba ir a xogar á biblio atopámonos cunha sorpresa. A profe Vane ía falarnos de Ciencia. Como é unha profe que vale tanto para un roto como para un descosido, non nos estrañou nada.
Esperábanos cunha col lombarda é unha chea de recipientes con líquidos variados. Mirade o que pasou.

Montaxe realizada con Canva 
Se queredes saber máis sobre este experimento podedes consultar a páxina de RTVE.
Para aprender Ciencia en galego déixovos acceso á Toupiciencia. Vaivos gustar!!!
GRAZAS, PROFE VANE, POLA EXPERIENCIA!!!

4 comentarios: