xoves, 11 de novembro de 2021

CELEBRANDO MAGOSTO - SAMAÍN. (2021)

Decoración na biblio
Antes de avanzar máis no tempo, imos contar como celebramos no cole o Samaín e o Magosto.
Comezamos a semana previa acudindo, por quendas, á biblioteca a xogar ao bingo. Pero non era un bingo calquera, non; tratábase dun especial do Samaín. Era terrorífico! Coas súas momias, meigas, pócemas, caveiras, monstros... E tamén globos, doces e disfraces. Pasámolo xenial e gustounos moito a decoración!!!
Montaxes realizadas con PiZap
Outro día falámosvos das cabazas.

2 comentarios: