mércores, 15 de setembro de 2021

DÍA DO PUNTO 2021.

Imaxe de Blanca B
Como todos os anos chega un día moi especial The International Dot Day. Esta é unha data que me gusta celebrar, especialmente porque creo que potencia e reflicte á perfección tres capacidades que debemos potenciar: a imaxinación, a exploración e a confianza nun mesmo.
Fai un punto e....Mira onde te leva!
Estas son as palabras clave. Todos/as podemos imaxinalo e chegar a construír algo a través da exploración e utilizando a imaxinación. Que idea tan fantástica!
A nosa amiga Blanca B, de Actividades para la Educación Infantil, non só nos prestou a preciosa imaxe do inicio da entrada senón  que tamén suxire no seu blogue  unhas actividades para  celebrar este día. Ollade!!!
Tamén vos deixo a páxina oficial do evento.
As entradas de anos anteriores tédelas aquí.
FELIZ DÍA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario