Imaxe de Peter H en Pixabay.com
Comezamos o mes de xuño e xa o 1 temos celebracións. Parece ser que hoxe é o Día Mundial das Nais e os Pais . Como xa fixemos entradas deles por separado e tamén da familia,non imos contar nada máis. Só compartir unhas lecturas interesantes sobre o tema da páxina de LOQUELEO- Santillana.
Centrarémonos no Día Mundial do Leite e o Día Mundial dos Arrecifes.
-Día Mundial do Leite.
Esta data é moi importante tratala, non só polos seus beneficios na alimentación sana, senón tamén porque na nosa comarca é un medio de vida para moitos dos nosos pais e nais. Falamos do leite de vaca, non doutros produtos que están agora de moda. As modas , xa se sabe, van e veñen; coa alimentación non debemos xogar e, o de toda a vida, funciona!
Se queredes saber máis premede no enlace á páxina de diainternacionalde.com.
Atopei este vídeo educativo sobre o leite, as vacas e como se alimentan, Xa me contaredes se é así ou non.
-Día Mundial dos Arrecifes.
Estando nun mes tan "natural" non é estraño que se celebre esta data, que pretende concienciar sobre a importancia dos corais e oscperigos aos que están sometidos. Tedes máis información na páxina de diainternacionalde.com.
Déixovos un vídeo de Muy Interesante sobre os corais. A ver se vos gusta!
!!Terminando el curso!! el tiempo pasa volando...
ResponderEliminarUn besico
Sí, pasa volando Blanca.
EliminarUn biquiño.