Imaxe de PublicDomainPictures en Pixabay.com
Hoxe temos que conmemorar dúas datas que teñen a súa orixe no día de nacemento da mesma muller: Florence Nightingale.
-Día Mundial da Fibromialxia e da Síndrome da Fatiga Crónica.
Esta enfermidade reumática afectou a Florence e mantívoa postrada nunha cama durante moitos anos. Déixovos información sobre a mesma da páxina Diainternacionalde.com.
Imaxe atopada na rede de Azúcar y Sal
Por outra banda tamén festexamos a todas as enfermeiras e enfermeiros grazas a que no día de hoxe naceu a xa mencionada F. Nightingale, considerada como a fundadora de enfermeiría moderna. Durante o pasado ano cobraron gran importancia médicos/as e enfermeiras/os debido á pandemia sufrida. Pero o ser humano ten tendencia a esquecer e hai cousas que non se poden deixar a un lado. En primeiro lugar, que aínda non está superada a Covid 19 (aínda que afortunamente as cifras vaian mellor) e en segundo, que non debemos esquecer os esforzos realizados polo persoal sanitario, nin estropear con irresponsabilidade todo o conseguido. Polo tanto, sexamos prudentes!!!
Compártovos unha biografía desta interesante muller.
Gracias por concienciar, la fibromialgia es un problema real que da muchos sinsabores. Un abrazo con cariño.
ResponderEliminarHay tantas enfermedades que visibilizar... Poquito a poco, Blanca.
EliminarUn abrazo cariñoso.