venres, 21 de maio de 2021

DÍA MUNDIAL DA DIVERSIDADE CULTURAL 2021.

Imaxe obtida en Ifeel maps
No ano 2003, a  Asemblea Xeral das Nacións Unidas instaurou o Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento coa intención de apoiar o diálogo e a cooperación  entre as diferentes culturas.
Que importante me parece que sexamos capaces de ver,  respectar e desfrutar da cultura do outro. Pero estes días, cos recentes acontecementos que nos abruman, pregúntome en que pensa o ser humano.Por que non somos capaces de axudar sen máis? Por que nos situamos fronte ao irmán e seguimos cunha guerra inútil? Tal vez deberiamos empezar polo respecto ás persoas e despois admirar a súa rica cultura.
Tendes máis información na páxina de Diainternacionalde.com.
Para rematar un vídeo a diversidade cultural en España.
Obtido no canal de Youtube de Cristina Morales Calvente
As entradas dos anos anteriores podedes consultalas aquí.
FELIZ DÍA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario