venres, 23 de abril de 2021

TEMPO DE LECTURA.

Ilustración de Rosa de Cabanas (2018) para Libraría Marxe
Outro 23 de abril máis para celebrar o Día Internacional do Libro. No cole tivemos algunhas acvidades que xa vos contaremos pero hoxe festexemos os libros e a lectura. Porque se nos fan soñar, medrar, aprender, vivir; se nos dan acubillo, calma, perspectiva, ilusión; se nos provocan risa, pranto, suspiros, emocións.... como non recibilos con brazos abertos e mente esperta, con ansia de novidade e con morriña do xa lido. Ai, benqueridos libros, tan ansiados ás veces, outras horas esquecidos. Benvidos sempre, á nosa casa!!!
Tedes moita información en entradas de anos anteriores. Consultádeas aquí
Como agasallo déixovos esta fantástica narración de "Chocolata". Este conto de Marisa Núñez, ilustrado por Helga Bansch,está locutado harmoniosamante pola envolvente voz de Patty Castro. Espero que vos guste!!!
Obtido no canal de Youtube de Contacontos en galego
Despedimos con humor, que a risa tamén é terapéutica.
Luis Davila O Bichero
Andrés Faro
FELIZ DÍA!!!

4 comentarios:

  1. Como dice tu imagen... leer para avanzar, para avanzar en todo, eso es lo más importante. Que este año no te falten libros para leer!! Un abrazo muy encuadernado.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchísimas gracias, Blanca.
      Un abrazo literario para ti.

      Eliminar