domingo, 21 de marzo de 2021

TRIPLETE!!

Imaxe de Andrew Martin en Pixabay.com
Xa vos dixen onte que é chegar a primavera e todo son festas. Hoxe imos falar doutras tres moi interesantes pero non esquecemos o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial.
-Día Mundial da Síndrome de Down.
Desde a Federación Down Galicia ofrécennos un vídeo cunha explicación moi clariña do que é esta síndrome.
Obtido no canal de Youtube Down Galicia
Se premedes na imaxe do cartel superior levaravos á páxina Yosíquesé, para que poidades ver o fantástico traballo  que fan moitas destas persoas.
Cartel de Cristina Peinado
-Día Internacional dos Bosques.
Imaxe de 365sustentable.com
Non precisamos máis que fixarnos no cartel para ver o importantes que son as árbores para nós. E se xa o sabemos, estamos facendo o posible para protexelas e coidalas? Aí o deixo.
Un pouquiño de información nunca ven mal.
-Día Mundial da Poesía.
Esta é a data sinalada para outra estrea mundial!!! Aquí vos deixo o resultado das vosas creacións sobre os poemas de Rosalía no proxecto "Con ollos de Rosalía". Coñecedes unha maneira mellor de celebrar o Día da Poesía? 
Consultade as entradas doutros anos, aquí.
FELIZ DÍA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario