mércores, 24 de febreiro de 2021

O TEU DÍA!!!

Imaxe de Rosalía dunha camiseta de reizentolo
Chegou o día e non podemos facer festa como se merece. Nada de xuntarse, de compartir con outros nenos/as, de grandes aspaventos....
Estimado Coronavirus:
Xa imos indo fartos/as de tantas historias. Se non lle parece mal, e se lle parece tamén, nós imos conmemorar á nosa Rosalía coma sempre: con  fichiñas, xogos, e , como non, con actividade de cole e de colaboración coa clase da profe Vane. Ben é certo que non sabemos exactamente por onde vai saír a cousa; a intención témola boa.
Polo tanto, hoxe festa (aínda que con distancia e cada un na súa aula) e outro día o resultado.
Mentres tanto, gocemos da voz de Guadi Galego cantando por Rosalía.
Obtido no canal de Youtube de j. carlos abal lobato
E, para ir abrindo boca do preparado, compartimos a marabillosa montaxe realizada pola profe Vane e a teacher María de todo o centro en colaboración cos maiores e servizos esenciais de Forcarei. Que a gocedes!!!
FELIZ DÍA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario