xoves, 10 de decembro de 2020

DOBRE OU NADA!!!

Imaxe atopada na rede
"Todos o seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos". Artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
A aprobación destes dereitos en 1948 polas Nacións Unidas, coincide coa celebración hoxe do Día dos Dereitos Humanos.
Velaquí un manual para poder traballalos.
E un vídeo que  nos ofrece información sobre os mesmos.
Obtido no canal deYoutube de Allan Albino
Hoxe tamén festexamos o Día Internacional dos Dereitos dos Animais porque todos/as temos dereitos e deberes para garantir unha convivencia digna, tranquila e en paz. Na  páxina de diainternacionalde.com podedes consultar máis información.
Que vos parece se aprendemos como fan os animais?  Xa sei que iso é de Infantil! Refírome a aprender como se di en galego correctamente os sons que fan os animais. Prestádelle atención Esther!!!
Obtido no canal de Youtube  de #Dígochoeu
Podedes gozar coas entradas doutros anos aquí.
FELIZ DÍA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario