xoves, 26 de novembro de 2020

SE ME QUERES, QUÉREME BEN!!!

Imaxe de Anabel Lee
Ai, o amor, que todo o pode e todo o tolera, que aguanta, espera, cre, resiste e desculpa. Un amor grande e incondicional, de parella, dos papás, das mamás, dos avós, dos irmáns, dos amigos/as..... Un sentimento que  abrangue a totalidade da existencia,  que precisamos para vivir e ser, que marca os nosos camiños e dirixe o noso devir. Pero o amor.... Non o maltrato, nin os insultos, nin o control, nin os monstros que dan medo..... Queremos vivir libres e felices, en igualdade  e con bo trato!!!
No día de hoxe, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, traballamos na aula "O chuvasqueiro de Aurora". Noutra entrada ensinámosvos os resultados.
Aquí tendes información na páxina de diainternacionalde.com.
Tamén vos quero compartir un estupendo Genial.ly feito polo equipo de biblioteca do C.E.I.P Fermín Bouza Brey de Ponteareas. Ollade que ben está!!!
Á vosa disposición as entradas de anos anteriores, aquí.
FELIZ DÍA!!!

2 comentarios:

  1. Es espantoso cuando el amor se convierte en sufrimiento. Días así dan ganas de meterse debajo de las piedras. Un día para fomentar la igualdad total. A ver como responden nuestros chavales en el futuro. Un abrazo, corazón.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pues sí, Blanca, en este caso no hemos evolucionado demasiado. Confiemos en las nuevas generaciones y fomentemos siempre la igualdad.
      Un abrazo fuerte.

      Eliminar