xoves, 15 de outubro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER RURAL 2020.

Imaxe atopada na rede
Pois si; tamén temos un día dedicado ás mulleres rurais. Me parece moi interesante que exista, xa  que forma parte da miña historia e do meu entorno cotiá. Vivimos nun mundo que tira cara o mecánico, o robotizado e o industrial. Non digo que sexa malo; só , que debemos mirar máis alá. Se algo precisa o ser humano para subsistir,ademais do aire e a auga, é o alimento (físico e da alma).Quen nos proporciona  ese alimento natural, sano e de calidade? O campo. Un campo que non se traballa só, que ten que estar aboado, arado, sementado e colleitado con mimo para que sexa produtivo e chegue a nós nas mellores condicións.Un campo que alimenta vacas, ovellas, cabras, porcos, galiñas.... con moito esforzo e dedicación os 365 días do ano.
Diso encárganse os agricultores e gandeiros, dos que unha gran maioría son mulleres. Unhas mulleres loitadoras, que pretenden un traballo digno que lle dea de comer ás súas familias, que sacrifican moito e merecen todo o meu recoñecemento.
Compártovos aquí un artigo do gandeiro Alarico de Roque que saquei de Omnivoraz. Pode ser interesante que o leades cos vosos neno@s para poñer en valor dita profesión(a que tendes algunhas de vós).
Tendes máis información na páxina Díainternacional.com.
Tamén vos dixo esta poesía homenaxe do Concello Granja de Torrehermosa. A ver que vos parece!

Obtido no canal de youtube UNIVERSSIDAD POPULAR SANTIAGO CASTELO
FELIZ DÍA!!

2 comentarios:

  1. Pues este día no lo conocía, pero lo oí por la tele. Me parece genial que se reconozca el esfuerzo que durante muchísimos años han hecho las mujeres en el campo, la granja y la casa, pues han trabajado como nadie y sin pedir nada. Es una manera de reconocerles ese trabajo, sin el que muchos y muchas no saldríamos adelante.

    Yo soy de una familia urbanita desde las generaciones más antiguas, pero me enorgullece hacerles un homenaje como Dios manda.

    Gracias, corazón, por estar en todo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias a ti, Blanca, por tus palabras tan bonitas.
      Un besote gordo.

      Eliminar