martes, 12 de maio de 2020

DÍA DA ENFERMERÍA.

Vector de Médico creado por freepik - www.freepik.es
Hoxe é o Día Internacional de Enfermería. Escolleuse o 12 de maio porque é a data de nacemento da considerada a fundadora da enfermería moderna, Florence Nightingale. Nos tempos que corren temos moi clara a importancia de todo o persoal sanitario que se dedica a velar pola nosa saúde, pero sempre foi importante e sempre estivo aí. Isto pasa tamén con outros moitos colectivos sociais que son básicos para o bo funcionamento das nosas vidas. Que non teña que suceder unha catástrofe para que sexamos concientes do importante!!!

Tendes información sobre a data na páxina de diainternacionalde.com.
     
En Clan RTVE , os Lunnis con Lucrecia, fálannos de Florence Nihgtingale. Cóntannos a súa vida , a importancia que tiveron as súas ideas para  a saúde e tamén cantan. Animádevos a aprender!!!
Para rematar, o último de Vetusta Morla coa colaboración de grandes artistas do noso país. Titúlase "Los abrazos prohibidos" e está dedicada a todo o esforzo realizado polo persoal de saúde que tanto traballou (e segue a facelo) nestes tempos. Aquí van incluídos/as os enfermeiros e enfermeiras que están de celebración. Por hoxe e sempre!!!
Obtido no canal de Youtube de vetusta morla
FELIZ DÍA!!!

4 comentarios:

  1. Este si que es un día especial por el esfuerzo que han hecho trabajando sin descanso, saturadas de trabajo y de virus y sin material, te lo digo que tengo cerca unas pocas.

    Con gente como ésta nos podemos sentir tranquilas, porque hacen lo mejor para nosotros, aunque no siempre salga bien.
    Un abrazo inmenso, todos bien? aquí, de momento, bien.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. ¡Unos grandes profesionales que hacen muy bien su trabajo!!!
      Por aquí como siempre, gracias.
      Besitos, Blanca.

      Eliminar
  2. ¡Si no fuera por ellos!
    Hoy más que nunca debemos sentirnos orgullosos del personal sanitario.
    Espero que todo vaya bien, Anabel.
    Biquiños

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Teiens toda la razón, Marisa.
      Yo también te deseo lo mejor.
      Unha aperta forte.

      Eliminar